top of page

Día a día

Na nosa escola contamos con varios espazos para pasar o noso día a día, como son a nosa propia aula, a sala de usos múltiples e o patio exterior.

Na aula das Xirafas temos diferentes recantos: o do xogo simbólico e o de fantasía.

MAGOSTO

9 de Novembro de 2012
 

Realizamos unha festa polo magosto na que bailamos e cantamos temas do outono. Despóis estivemos comendo castañas. Que ricas estaban!

Para ista as nosas educadoras avisaron que tiñamos que traer castañas da casa, xa asadas ou cocidas.
Á nosa chegada as castañas eran recollidas por unha das nosas educadoras, a cal as separaba en diferentes cuncas, as cocidas para un lado e as asadas para outro. Unha vez separadas e peladas comezamos a papalas!
Mentres esperabamos os demais nenos e nenas as mestras puxéronnos música outonal coa cal puidemos  bailar e cantar. Pasámolo moi ben!
Case todos e todas probamos as castañas, tanto as asadas como as cocidas. A algúns de nós gustáronnos moito, xa que non parabamos de comelas, aínda que tiñamos máis preferencia por un tipo delas. 
Tras haber comido todas as castañas saímos ao  patio antes de volver á aula para seguir divertíndonos.

Gustounos moita a celebración do Magosto. Para o ano repetimos!

SAMAÍN

2 de Novembro de 2012

 

Por fin chegou a festa máis temida do ano á nosa escola, o Samaín. Este ano atrasouse un pouco pero foi moi especial, xa que cada neno/a trouxo unha bonita e decorada cabaza que fomos colocando de adorno por toda a escola.

E a que non sabedes o mellor? Puidemos ir ao cole disfrazados do que quixeramos, de bruxas ou incluso de pantasmas, a verdade e que dabamos bastante medo, pero como nos coñecíamos os sustos non facían tanto efecto.
A música foi a actividade principal de este día, xogamos cos nosos compañeiros, cunha gran variedade de globos de cores e incluso bailamos, pasámolo moi ben e coñecemos un pouco máis sobre esta festa.

TALLER DE CHULAS

26 de Outubro de 2012

 

Realizamos unha actividade na que nos ensinaron a facer chulas. Experimentamos cos ingredientes que as compoñen, manipulamos o azucre, os ovos e a fariña.  Logo a cociñeira fixo para nós as chulas e degustámolas! Papámolas todas!

bottom of page